O á Ramón Vargas causa baixa no Pescados Rubén Burela FS e formará parte da estrutura do Noia Portus Apostoli, de Segunda División. O club laranxa chegou a un acordo co xogador andaluz para a rescisión do contrato que os vinculaba ata finais de tempada.
Vargas despídese da Mariña Lucense tras tempada e media defendendo o equipo burelao, co título de campión de Segunda e o ascenso á máxima categoría. O club deséxalle “a mellor das fortunas nesta nova etapa”.
O futbolista andaluz participou en dez partidos nesta tempada, seis deles como titular e catro como suplentes. Non anotou goles no presente curso.
VENTA ANTICIPADA PARA A COPA DO REI
A venda anticipada para o derbi galego de oitavos da Copa do Rei estará dispoñible dende o vindeiro xoves. O conxunto de Juanma Marrube recibirá O Parrulo FS o vindeiro martes, ás 20.30 horas, en Vista Alegre.
Todas as persoas que así o desexen poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ata o martes, ás 14.00 horas, ou o sábado en Vista Alegre, coincidindo co compromiso de liga ante o Osasuna Magna (18.30 horas). A taquilla abrirase unha hora antes do partido. Os prezos serán gratuítos para menores de cinco anos, cinco euros para os menores de idade e doce para adultos. Os socios terán que pagar un e tres euros, respectivamente.