EFE. O FS Talavera, de Segunda División, eliminou este martes ao Inter Movistar, campión en 2015, en oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala ao gañarlle por 3-0 mentres que o Jimbee Cartagena logrou o seu billete para cuartos tras deixar na cuneta no derbi rexional a ElPozo Murcia, ao que derrotou por 3-2.
Ademais, pasaron á seguinte rolda o Industrias Santa Coloma, que goleou ao Osasuna Magna (9-2), o Betis tras superar ao BeSoccer CD UMA Antequera (3-2) e o Pescados Rubén Burela, que se desfixo do Parrulo no duelo entre equipos galegos por un contundente 7-1. Matamoros, Luisma, Álex Diz (2), Pope (2) e Renato marcaron os tantos dos locais, mentres que o canteirán do cadro laranxa Hélder anotou o gol do cadro ferrolán. Debutaron os xuvenís Jorge Quelle, recén convocado coa selección española sub-17, e Renato Rodrigues.
A eliminatoria de oitavos de final completarase este mércores cos partidos Atlético Mengíbar–Jaén Paraíso Interior, FS Peñíscola–Levante e Hospitalet Bellsport–FC Barcelona.