InicioDeportesO Pescados Rubén FSF apóiase na firmeza defensiva para gañar en Majadahonda

O Pescados Rubén FSF apóiase na firmeza defensiva para gañar en Majadahonda

Con goles de Jenny Santos e Jenny Lores, o cadro burelao salva un encontro no que tivo dificultades para crear perigo, pero no que non pasou apuros atrás

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF derrotou ao Majadahonda Afar4 a domicilio (0-2) e segue na segunda posición da Primeira División do fútbol sala español. As ‘guerreiras‘ apoiáronse na solidez defensiva para superar a un cadro madrileño que loita pola permanencia na categoría e que foi un rival combativo.

A pista, que dificultaba a circulación de balón, marcou un partido no que o conxunto que adestran Julio Delgado e máis Lucas tivo problemas para atopar a profundidade. A portuguesa Jenny Santos adiantou ás da Mariña Lucense no minuto 11, pero o Burela FSF non conseguiu ampliar a renda no primeiro acto malia apostar polo xogo de cinco.

Non foi ata o ecuador da segunda metade cando Jenny Lores acadou 0-2, que deu tranquilidade ao equipo laranxa ante un opoñente que, se ben pechou liñas e abortou as ocasións de perigo das burelás, non gozou apenas de oportunidades na portería defendida por Jozi.

AS BURGAS, VINDEIRO RIVAL

O cadro burelao segue á estela do Futsi Atlético Navalcarnero, que nesta décimo oitava xornada saíu vitorioso da pista do Bilbo (0-10). O Ourense Envialia, terceiro clasificado, sumou os tres puntos a domicilio ante o Xaloc Alacant.

A vindeira xornada, o conxunto burelao afrontará un derbi galego, pois recibirá ao Cidade das Burgas, que loita por salvar a categoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...