InicioDeportesO pivote brasileiro Lucas Eto'o, terceira fichaxe no mercado de inverno para...

O pivote brasileiro Lucas Eto’o, terceira fichaxe no mercado de inverno para o Burela FS

Trátase dun xogador destro e corpulento de 23 anos, que procede do Arcorverde pernambucano

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS anunciou a fichaxe do pivote brasileiro Lucas Miguel Pereira da Silva (Catende, 1996), coñecido como Eto’o.

Segundo precisou a entidade laranxa, o xogador xa está en Burela á espera da documentación necesaria para formalizar a súa contratación como incorporación para a segunda volta.

O pivote, de 23 anos e 1,84 metros, manexa preferentemente a perna dereita e é un futbolista corpulento. O xogador brasileiro, procedente do LW Arcoverde do campionato pernambucano, chega ao Pescados Rubén Burela FS como terceira incorporación no mercado de inverno, tralas altas dos ás internacionais con Uruguai, Xande de los Santos, e Brasil, Pixote.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...