Adrián Ben, oitavo na súa serie, fóra da final do Europeo

O corredor viveirense non puido aguantar o ritmo dos mellores nunha semifinal accidentada

Adry Ben, no centro. CEDIDA

Adrián Ben quedou fóra da final de 1.500 metros do Europeo de Berlín ao rematar oitavo nunha semifinal accidentada. O corredor viveirense completou o percorrido en 3:42.81.

Logo dunha primeira semifinal lenta, cos primeiros 1.000 metros por encima de 2:40.00 e cun mellor tempo de 3:49.06, a cargo do británico Chris O’Hare, a Ben interesáballe unha carreira rápida para optar a un dos tres postos da repesca. Clasificábanse os tres primeiros de cada serie e outros tres atletas por tempos.

A CAÍDA DO GRAN FAVORITO, FILIP INGEBRIGTSEN, MARCOU UNHA CARREIRA complexa

Ben avivou o ritmo da proba nos primeiros metros, para despois buscar un lugar desde onde economizar esforzos e rematar con forza. Fíxoo con intelixencia, pois librou dunha caída na cola do grupo a 700 metros da meta que implicou ao gran favorito, Filip Ingebrigtsen. O corredor noruegués protagonizou un remonte espectacular para meterse na final.

Resultados da semifinal. AXM

A recuperación de Ingebrigtsen revolucionou a proba. Adry aguantou na sétima praza e preto da cabeza ata os últimos 250 metros, nos que lle foi imposible manter o ritmo dos favoritos e veuse superado na recta final polo belga Isaac KimeliMarcin Lewandowski, de Polonia, fixo o mellor rexistro con 3:40.74.

MERItorio papel do atleta mariñao na súa estrea nun campionato de europa absoluto

DEBUT

Con todo, o atleta mariñao gardará un bo recordo e moita aprendizaxe da súa estrea nun campionato de Europa, con só 20 anos. Dada a súa progresión, seguro que participará en máis citas deste calibre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here