InicioDeportesCase 40 surfistas retarán 'O Panchorro' no Illa Pancha Challenge 2020, a...

Case 40 surfistas retarán ‘O Panchorro’ no Illa Pancha Challenge 2020, a finais da vindeira semana

Coa data aínda por concretar, a organización espera congregar ao favorito, Lucas Chumbo, e ao plusmarquista mundial de ondas xigantes, Rodrigo Koxa

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolleu este venres a presentación da segunda edición do Illa Pancha Challenge, que se celebrará previsiblemente a finais da semana que vén. Os días exactos dependerán de que se dean as condicións meteorolóxicas necesarias para que se produza a gran ola do Panchorro.

Trátase dunha cita co surf na que máis dunha trintena de profesionais retará esta onda, de ata 20 metros, que se produce fronte a Illa Pancha. A Deputación de Lugo colabora na organización por tratarse dun evento deportivo “co que dar a coñecer Lugo”.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asegurou que o Illa Pancha Challenge 2020, que reunirá a preto de 10.000 persoas e se retransmitirá en máis de 100 países vía streaming, “é o escaparate perfecto para promocionar a provincia”.

A responsable provincial de Turismo asegurou que o interese que esperta esta cita e a súa proxección internacional axudarán a difundir as paisaxes de Lugo. Na presentación, celebrada no club náutico de Ribadeo, participaron tamén Fernando Suárez Barcia, alcalde do Concello de Ribadeo; Jorge Díaz, concelleiro de Deportes da localidade; José Luís Díaz, representante de patrocinios After Surf, e o organizador da proba deportiva, Óscar García.

A cita, explicou García Porto, encaixa coa estratexia de impulsar o turismo de experiencias pola que está apostando a Deputación de Lugo: atraer ao visitante con “vivencias únicas” que só poida atopar na provincia.

CONDICIÓNS PRECISAS

A organización prevé que a vindeira semana se darán as condicións óptimas para que o Panchorro acade os 20 metros. O mar necesita que a dirección da borrasca sexa de Noroeste Norte, cun mar de fondo de máis de cinco metros de altura de onda.

Participarán no reto de Illa Pancha case 40 surfistas, 24 deles farano no campionato oficial. En ningún outro evento de este tipo houbo tantos grandes surfistas xuntos. A armada brasileira, encabezada polo mellor do mundo nestas olas, Lucas Chumbo; o plusmarquista mundial de ondas xigantes, Rodrigo Koxa; e un longo listado, entre os que estarán Alemao de Maresías, Remi Arauzo ou Joao Guedes. Tamén participará unha parella de surfistas galegos, formada por Jairo Barral e Juan Fernández.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...