O Pescados Rubén aplicará un convenio colectivo ás súas xogadoras

O club, pioneiro nesta iniciativa, ofrecerá un contrato profesional a todas as súas futbolistas

Xogadoras do Pescados Rubén nun partido da pasada tempada. BURELA FS

O Pescados Rubén Burela FSF aplicará un convenio colectivo ás xogadoras do primeiro equipo feminino na tempada 2018-2019, na que militarán na Primeira División da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

O club burelao, o único profesional do fútbol sala feminino en España, ofrece desde hai anos contratos ás súas futbolistas, con cláusulas que sempre se contemplaron desde a condición do deportista, sen marcar diferencias polo seu sexo.

o colectivo de xogadoras do fútbol sala feminino español participará nas conversacións

Neste caso, a entidade dá un paso máis na súa pelexa pola igualdade e na aposta polo deporte feminino. A negociación do convenio colectivo, que contará co concurso da Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala Femenino (AJFSF), partirá do acordo existente no fútbol sala masculino entre a Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e o colectivo de futbolistas, pero as cláusulas axeitaranse á realidade e necesidades do deporte feminino.

NEGOCIACIÓN

As negociacións coa AJFSF e coas capitás do equipo, Bea Mateos e Jozi, iniciaranse nos próximos días.

Presentación do corpo técnico e médico do Burela FSF. AXM

PRESENTACIÓN DO CORPO TÉCNICO E MÉDICO

O Pescados Rubén Burela FSF presentou ao corpo técnico e médico da vindeira tempada. Seguen á fronte do equipo Julio Delgado e máis Iván Cao, ‘Lucas‘.

1 COMMENT

  1. Imaxino que “os máis grandes” daranse conta que quedan co cú ao aíre. Aínda lembro a viaxe en avión do Barça, os homes en “bisnes” e as mulleres en “touriste”, que collan exemplo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here