O Pescados Rubén FS cede fronte a El Pozo e segue como pechacancelas de Primeira

O equipo burelao encaixaou un parcial de 0-3 na primeira metade que foi definitivo para a sorte do encontro

Luisma (esquerda) e Pixote presionan ao visitante Darío. AXM

O Pescados Rubén Burela FS segue como pechacancelas da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) despois de perder en Vista Alegre fronte a El Pozo Murcia (1-5).

O cadro murciano, que chegou a Burela na cuarta posición, resultou demasiado rival para o equipo que adestra Juanma Marrube. O encontro comezou con oportunidades para os dous aspirantes; os visitantes Paradynski e Fernando topáronse co pau e máis Kaluza, respectivamente, mentres que os locais Renato, Lucho e Joselito non foron capaces de superar a un seguro Espíndola.

A ocasión de Joselito foi o preludio do 0-1, obra de Paradynski no minuto 9. O tanto do cadro murciano arrefriou o ánimo dos da Mariña Lucense, que encaixaron o 0-2 ao cuarto de hora. Alberto García conseguiu ampliar a renda visitante ao aproveitar no segundo pau un pase de Andresito. El Pozo Murcia acadou o 0-3 pouco antes do descanso, de novo por medio de Paradynski.

No segundo acto, Espíndola frustrou de novo ao Pescados Rubén, desta volta ante Pixote, e Fernando volveu encontrarse co poste. Antes da media hora de xogo, Alberto García foi expulsado por dobre cartón e Matamoros alimentou as esperanzas de puntuar do cadro burelao co 1-3, de penalti no minuto 31.

Nos últimos minutos houbo de novo oportunidades para ambos bandos. Felipe Valerio estrelou o balón no longueiro e Pixote estivo a piques de poñerlle picante ao encontro, pero rematou fóra cando se cantaba o 2-3. Foi a última ocasión do Burela FS para poñer contra as cordas aos visitantes, que acadaron o 1-4 grazas a Marcel. Os de Juanma tentárono co xogo de cinco, pero non tiveron acerto; si chegaría o 1-5, obra de novo de Paradynski.

O VINDEIRO RIVAL, O VALDEPEÑAS

A vindeira fin de semana, o cadro burelao afrontará de novo un test esixente. Nunha parte do calendario moi complicada para o equipo laranxa, os de Juanma visitarán ao Valdepeñas, a gran revelación da máxima categoría.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here