InicioDeportesA falta de pegada lastra ao Burela FS, que cae na pista...

A falta de pegada lastra ao Burela FS, que cae na pista do Valdepeñas

O Pescados Rubén puido adiantarse antes do 1-0, no minuto 4, e desaproveitou un dobre penalti para empatar ao borde do descanso; Matamoros apenas puido xogar por molestias

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS perdeu na pista da gran revelación da Primeira División, o Valdepeñas Ciudad del Vino (4-1), e continúa como pechacancelas da máxima categoría do fútbol sala español.

O partido púxose costa arriba no quecemento coas molestias nun xemelgo de Matamoros, que apenas participar. O conxunto que adestra Juanma Marrube encaixou axiña o 1-0, no minuto 4, tanto do ex do Pescados Rubén Chino nunha xogada de estratexia á saída dun córner. Antes, Álex Diz e Lucho tiveran unha boa dobre ocasión.

O equipo da Mariña Lucense refíxose tralo primeiro gol dos locais e aproximouse á área do Valdepeñas por medio de Joselito, Pope e Luisma. Os de Ciudad Real acumularon seis faltas e, a falta dun minuto para o descanso, Xande dispuxo dun dobre penalti que non soubo aproveitar.

No segundo acto, o Valdepeñas golpeou de novo axiña. O internacional brasileiro Rafael Rato anotou o 2-0 no minuto 24, un gol que desequilibrou o encontro. O Burela FS apostou polo xogo de cinco para tentar limar diferenzas no marcador e os locais marcaron o 3-0 aproveitando un erro na circulación, pasada a media hora de xogo.

A falta dun minuto para o desenlace, Álex Diz recurtou distancias no luminoso, pero Rafael Rato pechou o marcador a prol dos locais nos últimos segundos.

PEÑÍSCOLA, VINDEIRO RIVAL

Na vindeira xornada, a vixésimo segunda, o Pescados Rubén medirase, de novo a domicilio, ao Peñíscola, rival que suma 25 puntos, por dez dos da Mariña Lucense. Será o venres, ás 21.00 horas.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...