O Pescados Rubén Burela FS obtivo tres puntos de ouro de cara á acadar a permanencia na Primeira División. Os discípulos de Juanma Marrube acadaron unha vitoria balsámica na pista do Peñíscola (2-4) e suman trece puntos.
O cadro da Mariña Lucense protagonizou unha excelente posta en escena, con goles de Álex Diz e Pixote nos minutos 3 e 6. Paniagua quenceu os ánimos da parroquia local co 1-2, cando se cumpría o primeiro cuarto do encontro. Xavi Cols equilibrou a contenda a tres minutos do descanso, pero nese intervalo, a máis recente fichaxe do equipo laranxa, Lucas Etoo, tivo tempo para poñer de novo aos seus por diante no marcador.
O Burela FS puido sentenciar á volta dos vestiarios, con oportunidades para Lucho, en dúas ocasións, e Álex Diz. Non o fixo e nos minutos finais padeceu os ataques locais, nunha reacción que cortou Joselito co definitivo 2-4, faltando segundos para o desenlace.
O VINDEIRO SÁBADO, O BARÇA
O Barcelona será o vindeiro rival do Pescados Rubén Burela, en Vista Alegre o vindeiro sábado (18.30 horas).