InicioDeportesO Pescados Rubén FS acada tres puntos de ouro na pista do...

O Pescados Rubén FS acada tres puntos de ouro na pista do Peñíscola

Álex Diz, Pixote, Etoo e Joselito anotan os tantos dos de Burela, que poñen fin a unha xeira de catro derrotas consecutivas

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS obtivo tres puntos de ouro de cara á acadar a permanencia na Primeira División. Os discípulos de Juanma Marrube acadaron unha vitoria balsámica na pista do Peñíscola (2-4) e suman trece puntos.

O cadro da Mariña Lucense protagonizou unha excelente posta en escena, con goles de Álex Diz e Pixote nos minutos 3 e 6. Paniagua quenceu os ánimos da parroquia local co 1-2, cando se cumpría o primeiro cuarto do encontro. Xavi Cols equilibrou a contenda a tres minutos do descanso, pero nese intervalo, a máis recente fichaxe do equipo laranxa, Lucas Etoo, tivo tempo para poñer de novo aos seus por diante no marcador.

O Burela FS puido sentenciar á volta dos vestiarios, con oportunidades para Lucho, en dúas ocasións, e Álex Diz. Non o fixo e nos minutos finais padeceu os ataques locais, nunha reacción que cortou Joselito co definitivo 2-4, faltando segundos para o desenlace.

O VINDEIRO SÁBADO, O BARÇA

O Barcelona será o vindeiro rival do Pescados Rubén Burela, en Vista Alegre o vindeiro sábado (18.30 horas).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...