A axenda da Semana Náutica segue coa Zalea a Abres

As embarcacións saíran ás 16:00 horas do porto deportivo de Ribadeo e percorrerán a ría ata Abres

Un momento da regata de cruceiro local disputada este sábado.

O Real Club Naútico de Ribadeo organiza este luns a tradicional Zalea a Abres. As embarcacións sairán ás 16.00 do porto deportivo ribadense e remontarán  o río ata a localidade asturiana. Trátase da cita máis popular da Semana Náutica que se desenvolve desde o pasado luns cun amplo abano de probas nas que participaron unhas duascentas embarcacións.

Maremasma gañou este sábado a regata de cruceiro local na que participaron doce embarcacións mentras que o Elena Caro Martínez venceu no trofeo de vela lixeira no que se mediu a outros tres competidores.

O pasado venres, Ventolín impoñíase na regata de vela tradicional Trofeo Deputación de Lugo. “O vento constante do nordeste acompañou a navegación e permitiu disfrutar deses días na ría”, explicaron os organizadores.

A Semana Náutica pecharase o vindeiro sábado, co acto de entrega dos trofeos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here