InicioDeportesA febre do rugby exténdese pola Mariña e o Occidente asturiano

A febre do rugby exténdese pola Mariña e o Occidente asturiano

O Ribadeo Rugby descubriu este deporte a decenas de rapaces e rapazas das dúas beiras do Eo desde que se puxo en marcha en 2015, e prepara a apertura dunha escola en Foz

Publicada o

- Advertisement -

O rugby chegou en 2015 a Ribadeo para quedarse. “Os nenos agradecen algo novo”, di Guillermo Fernández, artífice do club Ribadeo Rugby que conta con escolas en Vegadeo, Castropol, Tapia de Casariego e, a partir de setembro, tamén en Foz.

Talonador do Real Oviedo Rugby durante dúas décadas e capitán durante un lustro, Fernández mudouse á localidade ribadense, e proxectou no deporte formativo a súa paixón por esta disciplina. Hai tres anos propuxo a actividade nas escolas deportivas municipais, e a iniciativa fructificou. “Empezamos hai tres anos con once nenos, e agora temos equipos en cinco categorías. Temos rapaces e rapazas de toda a Mariña e do Occidente asturiano”, explica.

A temporada pasada participaron por primeira vez nunha competición federada, a Liga Galega Sub-14, e a vindeira contarán tamén con equipo Sub-16.

Ata a aparición de ribadeo rugby, en 2015, o Muralla era o único club de Rugby da provincia de Lugo

Ata os 12 anos, os equipos participan en concentracións organizadas pola Federación Galega de Rugby, nun formato que pretende fomentar a participación e aprendizaxe  por riba da competición. Sen marcador. Os partidos rematan oficialmente en empate.

O rugby é –insisten  os que o practican- un “deporte de valores”.  O ritual do terceiro tempo reflicte ese espíritu. Despois dos partidos, os equipos que se enfrontaron no campo reúnense para compartir comida e confraternizar. “Cumprimos sempre”, di Fernández.

TRABALLO COA BASE

O club centra os seus esforzos nas categorías de formación. “O noso obxectivo non é crear un equipo senior, aínda que si queremos que ao chegar aos 18 anos os rapaces sigan xogando. Tratamos  de facilitarlles a entrada  nos equipos das cidades ás que se van estudar: A Coruña, Gijón, Oviedo”.

Os clubs –mesmo os de elite- nútrense de estudantes universitarios que xogan mentras fan as súas carreiras

“A pesar de ser un club moi novo temos xogadores e xogadoras con proxección. A temporada pasada dous rapaces e tres rapazas foron convocadas coas selección de Galicia e Asturias. Pero é difícil saber ata donde chegarán. Na etapa de formación traballamos sobre todo conceptos xerais, as posicións aínda non están definidas”, explica Fernández.

No seu currículo xa contan con experiencias tan interesantes como adestrar cos All Blacks –a selección de Nova Zelanda, tres veces campioa do mundo, considerada tamén un exemplo de integración racial e cultural-. “Estivemos nun adestramento que organizaron cando visitaron Oviedo para recoller o Premio Príncipe de Asturias en 2017”, comenta.

VISITAS AOS COLEXIOS

O club empezará a pretemporada na primeira semana de setembro, un mes que tamén dedican a visitar os centros educativos da Mariña e do Occidente asturiano para dar a coñecer o deporte.  “Sorprendémolos por que non imos a pegarnos polo balón, como esperan. Ensinámoslles rugby cinta, una modalidade sen contacto”, explica.

Todos os xogadores levan unha cinta atada con velcro a redor da cintura. Os xogadores en posición de defensa teñen que tratar de quitarlla ao adversario que ataca co balón.  Ningunha outra forma de contacto está permitida nesta modalidade pensada para introducir o deporte nas escolas.

A primeira cita tras o descanso do verán será o “Torneo Be One Torre dos Moreno” no que reunirán equipos de Galicia, Asturias e Madrid e que servirá de aperitivo da tempada oficial, que comeza en outubro.

O  club dispón do Campo Municipal da Vía para partidos e adestramentos. O concello habilitou as instalacións  para xogar ao rugby a temporada pasada, convertendo o campo no primeiro destas características tanto na Mariña como no Occidente asturiano.

En xullo, o club organizou unha escola de rugby nas praia dos Bloques  de Ribadeo

Para a vindeira temporada contarán tamén co Campo Príncipe de Asturias de Tapia de Casariego no este verán –co apoio da asociación deportiva As Poleas e o concello- se instalaron paus de rugby fixos. O vindeiro domingo disputarán alí un torneo de rugby cinta dentro do programa da quincena deportiva do concello asturiano.

APOIO INSTITUCIONAL E PRIVADO

“Estamos moi sorprendidos co apoio que tivemos tanto por parte das institucións como da iniciativa privada. Temos a sorte de que Ribadeo é un concello de servizos, e os establementos hosteleiros e o comercio apoian as iniciativas que traen xente á vila”, apunta  o director deportivo de Rugby Ribadeo, que ven de renovar o contrato de patrocinio con Be One, “imprescindible para soportar os gastos da competición sen repercutilo todo nos país”,conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...