Adrián Ben proclamouse este domingo subcampión dos 800 metros lisos no Campionato de España absoluto de atletismo de pista cuberta ou indoor que se celebra esta semana en Ourense.
O atleta viveirense, cun tempo de 1:53.76, quedou a oito centésimas do gañador da proba, Pablo Sánchez-Valladares, compañeiro de equipo no Barcelona. O vencedor da carreira parou o cronómetro en 1 minuto, 53 segundos e 64 centésimas. Mariano “La Moto” García acadou a terceira praza para completar o podio.
A proba decidiuse nos metros finais despois dunha primeira parte lenta que favoreceu a un perfil coma o de Sánchez-Valladares, máis rápido na última recta que o finalista mundial da especialidade.