A Zalea a Abres xunta 30 embarcacións para pechar a Semana Náutica

Unhas cen persoas desfrutaron da tradicional cita, que dobrou o número de barcos anotados no 2017

Merenda da Zalea a Abres. AXM

Un total de 30 embarcacións, que xuntaron a cen tripulantes, participaron na tarde do luns na tradicional Zalea a Abres, enmarcada na Semana Náutica de Ribadeo, que organiza o Real Club Náutico da localidade. 

No 2017 participaron 14 embarcacións na cita, recuperada despois de seis anos sen celebrarse. Polo tanto, a Zalea parece camiño de consolidarse. A maioría dos participantes navegaron río Eo arriba ata o embarcadoiro da ría de Abres, lugar no que compartiron unha merenda.

GAÑADORES

Bergamota (trofeos Acisa e Real Club Náutico); Paradores (trofeos Banco Sabadell, Concello de Ribadeo e de vela tradicional) e Ventolín (trofeo Deputación de Lugo) foron os gañadores das regatas da Semana Náutica. A entrega de premios será o sábado, 18, ás 20.00 horas nas instalacións da entidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here