InicioDeportesA RFEF propón dar por acabada a tempada sen descensos, o que...

A RFEF propón dar por acabada a tempada sen descensos, o que deixaría en Primeira ao Burela FS

A federación suxire un play off a partido único para garantir os ascensos e non contempla as eliminatorias polo título, que debera disputar o cadro feminino

Publicada o

- Advertisement -

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou a través dun comunicado de prensa que proporá que nas competicións de Segunda B, Terceira, as de ámbito estatal do fútbol feminino e fútbol sala así como en todas as competicións estatais da categoría xuvenil “dar por finalizada a competición regular mediante un mecanismo express para garantir ascensos e sen ter en conta descensos“.

O mencionado sistema desenvolveríase “con ascensos mediante un sistema de play off a partido único, se é posible a xeito de concentración, a fin de garantir as promocións de categoría que estaban previstas no inicio das Ligas”, indica a RFEF.

Isto sería de aplicación, polo tanto, na Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), onde o Pescados Rubén Burela FS é pechacancelas. O equipo laranxa quedaría así en Primeira. Na división de honra feminina, na que o equipo laranxa é segundo clasificado, presumiblemente non haberá eliminatorias polo título, como estaba previsto, ao facer referencia o comunicado unicamente a garantir a mobilidade entre categorías.

“Nesta situación excepcional, non habería descensos na presente tempada. Neste sentido, traballaríanse os mecanismos oportunos para incrementar o número de equipos por grupo ou creación de novos grupos cunha vixencia máxima de tres ou catro campañas ata que se acometa de xeito planificado a pertinente reestruturación que converta en elite as competicións non profesionais mediante un equilibrio económico sostible e axeitado”, expón a RFEF.

“Respecto de as categorías inferiores tamén se abre o debate a sobre cal é o modelo idóneo para a finalización das competicións partindo dunha premisa que está por encima das competicións como son os estudos dos futbolistas e a súa saúde e a dos seus familiares, dando opción se así se acorda a dar por finalizadas as competicións”, conclúe a nota.

CONTINUIDADE

A medida proposta pola RFEF, de adoptarse, ofrecería un alivio ao ofrecer unha garantía de continuidade para a entidade laranxa, dada a complexidade da situación provocada polo coronavirus. O Pescados Rubén Burela acollerase a un Erte de forza maior que afectou a 42 traballadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...