InicioDeportesConta atrás para a etapa "mariñá" de La Vuelta a España

Conta atrás para a etapa “mariñá” de La Vuelta a España

Os representantes municipais e a Xunta mantiveron unha xuntanza para preparar o evento

Publicada o

- Advertisement -

Xa queda menos dunha semana para a “etapa mariñá” de La Vuelta Ciclista a España. Os alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que discorrerá o percorrido mantiveron unha xuntanza de traballo coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

Xuntanza das autoridades para preparar o evento. AXM

A décimo segunda etapa dunha das tres grandes carreiras ciclistas do mundo chegará á comarca o vindeiro xoves, 6 de setembro, con saída en Mondoñedo e meta no faro de Estaca de Bares. A serpente de cores percorrerá os termos municipais de Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo (por San Cibrao), Xove, Viveiro, e xa na provincia da Coruña, os municipios de Mañón e Ortigueira.

LOCALIDADES E HORARIOS

As autoridades animaron á veciñanza mariñá e aos visitantes que pasarán eses días na bisbarra a arroupar aos deportistas participantes nesta volta ciclista ao seu paso polas distintas localidades. Nas imaxes podes saber as localidades polas que pasarán os deportistas, os horarios aproximados -en función da velocidade- e os portos que subirán na etapa, considerada de media montañaTamén podes acceder á información completa neste link.

BANDO DA ALCALDÍA EN MONDOÑEDO

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, emitiu un bando para regular o tráfico na cidade con motivo da saída da etapa. Podes consultalo nesta galería. 

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...