InicioDeportesO Pescados Rubén Burela FS queda en Primeira ao dar a RFEF...

O Pescados Rubén Burela FS queda en Primeira ao dar a RFEF por rematada a tempada sen descensos

O cadro feminino pelexará polo título con Futsi, Ourense e Alcorcón nun Play Off exprés

Publicada o

- Advertisement -

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) comunicou que trala reunión mantida por Comisión de Presidentes Territoriais dará traslado á Xunta Directiva e á Comisión Delegada para a súa ratificación a proposta para a resolución da Primeira e Segunda División na que se dá por finalizada a Liga regular, mantéñense os Play Off polo título e de ascenso e non haberá descensos. Deste xeito, o Pescados Rubén Burela FS queda na máxima categoría.

A RFEF comunicou que dá por rematadas a Liga regular de Primeira e Segunda División e non se disputarán as sete xornadas que restaban en ambas categorías. O que si se disputará é un Play Off polo título en Primeira División e o outro de Ascenso de Segunda a Primeira División, previstos na normativa, pero ambos en formato exprés, en sé única e con concentración.

O Play Off polo título disputarano os oito primeiros equipos que ocupaban esas prazas cando se parou a competición: Movistar Inter, Barça, Viña Albali Valdepeñas, ElPozo Murcia Costa Cálida, Palma Futsal, Osasuna Magna, Levante UD e Jaén Paraíso Interior.

Ao dar por terminada a Liga regular en Segunda e tal como recolle a normativa de competición, o Real Betis Futsal, primeiro clasificado desta categoría, ascende directamente a Primeira División.

Respecto ao Play Off de ascenso en Primeira División disputaríano por normativa os equipos que ocupaban os postos do segundo ao cuarto clasificado cando se parou a competición: BeSoccer UMA Antequera, Soliss Talavera, Manzanares e Irefrank Elche.

Ademais, tamén engade no seu comunicado que na tempada 2020/2021, na medida do posible e sempre que por causas sanitarias e de calendario sexa posible, evitarase facer subgrupos.

ESTABILIDADE PARA O CLUB

No tocante ao cadro feminino, continuará un ano máis na Primeira División, e poderá disputar o título de Liga nun Play Off exprés que disputarán os catro mellores, tal e como estaba previsto. Futsi Navalcarnero, Burela FSF, Ourense Envialia e Alcorcón son os catro primeiros clasificados.

No tocante á Copa da Raíña, o comunicado da RFEF non se refire a esta competición, na que as “guerreiras” defenden o título colleitado en Burela.

A decisión da RFEF ofrece estabilidade ao Pescados Rubén Burela FS, inmerso nun Erte que afectou a 42 empregados, ao saber que manterá ambos os equipos na máxima categoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...