InicioDeportesO Burela FSF prepararase "con todos os protocolos de seguridade" para a...

O Burela FSF prepararase “con todos os protocolos de seguridade” para a loita pola Liga

As datas do play off exprés polo título, que se celebrará en sé única e sen público, están aínda sen concretar

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela FSF pensa xa no play-off exprés polo título de liga feminina como horizonte máis inmediato. Tras a aprobación desta mañá por parte da Comisión Delegada da RFEF sobre a proposta de resolución de competicións non profesionais, as Guerreiras Laranxas poñeranse a traballar con todos os protocolos de seguridade para presentarse na data, hora e sede indicadas polo órgano competente para a loita polo galardón.

Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén Burela FSF, Ourense Envialia e Alcorcón FSF, os catro primeiros clasificados, serán os candidatos ao trofeo de 2019-20, nunha cita sen afluencia de público. Por agora non hai data concreta, aínda que o prazo límite para finalizar a competición é o 20 de xuño.

O club laranxa non ten coñecemento por agora sobre se se disputará a segunda Copa da Raíña, trofeo do que o Burela FSF é o vixente campión. Esta competición xógase nunha Final Four a partido único con catro aspirantes.

O MASCULINO, CONFIRMADO EN PRIMEIRA

O Pescados Rubén volverá contar con dobre representación na elite en 2020-21. A falta de sete xornadas e con 21 puntos en xogo, o conxunto masculino mantén a categoría, de acordo coa disposición de dar por finalizada a competición sen descensos en todas as categorías de fútbol sala.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...