Susana Rodríguez Gacio, de orixe mindoniense, campiona do mundo de paratriatlón

Coa guía Paula García, a atleta viguesa alzouse coa coroa mundial da especialidade en Australia

Gacio e García, cruzando a meta. AXM

Susana Rodríguez Gacio, natural de Vigo e de familia mindoniense, proclamouse campiona do mundo de paratriatlón na categoría PTVI, na proba disputada en Gold Coast (Australia).

Coa guía Paula García, Rodríguez Gacio, que ten unha discapacidade visual causada polo seu albinismo, superou á medallista de prata, Alison Patrick, en máis dun minuto.

 

A atleta, de 30 anos, foi campiona do mundo de paraduatlón e leva anos entre a elite mundial do paratriatlón. Obtivo a quinta posición e diploma nas olimpiadas de Río de Xaneiro 2016. Ese mesmo ano foi pregoeira das San Lucas de Mondoñedo, lugar de onde proceden seus pais e da que exerce de embaixadora sempre que pode.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here