InicioDeportesO á internacional David Pazos, outra fichaxe de prestixio para o Burela...

O á internacional David Pazos, outra fichaxe de prestixio para o Burela FS; asina ata 2024

O de Ames, ex de Movistar, Palma ou Aspil, será o oitavo xogador da comunidade nun bloque do Pescados Rubén FS con sabor galego

Publicada o

- Advertisement -

O á David Pazos Fuentes (Ames, 1993) é a segunda incorporación confirmada polo Pescados Rubén Burela FS de cara á vindeira tempada, na que o club laranxa militará en Primeira División. Procedente do Aspil Jumper Ribera Navarra e criado no Santiago, o internacional, que asina ata 2024, é unha nova fichaxe de prestixio despois da alta do pivote de Arzúa Diego Quintela, confirmada o pasado xoves.

Pazos xogou a pasada tempada 21 partidos na élite, 20 como titular. Anotou sete goles.

“Tiña moitas ganas de volver competir en Galicia, de estar preto da miña familia e a miña xente. Síntome moi identificado co fútbol sala do Pescados Rubén e co seu proxecto, comparto plenamente os valores que se traballan desde o club”, explicaba o novo 20 do Pescados Rubén FS, logo de seis anos fóra nos que defendeu as cores de Movistar, Palma e Aspil.

Tan só queda un par de días para que o novo proxecto bote a rodar, cun David Pazos plenamente implicado en “darlle continuidade ao traballo do club dos últimos anos e poder manter o equipo entre os mellores”.

“Esperamos contar co apoio do público na bancada axiña, pero o máis importante é a saúde. Está na man de todos e cada un vencer esta adversidade. A xente da Mariña soubo responder con esa responsabilidade para frear o brote. Todos temos que saber adaptarnos a esta nova normalidade e combatela, porque será a tónica deste ano; no deporte temos que ser os primeiros en dar exemplo”, así se mostraba o ala de cara á volta aos pavillóns.

Con Pazos serán oito os xogadores galegos do novo proxecto do Pescados Rubén, junto a Edu, Lucho, Iago Míguez, Álex Diz, Renato, Pitero e Quintela, nun cadro que completan Matamoros, Michal Kaluza e Eto’o.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...