A xovense Xulia López, campiona de España de birlo celta aos 15 anos

A moza deu a sorpresa no torneo estatal celebrado en Nigrán na pasada fin de semana

Xulia López, cos trofeos acadados en Nigrán. AXM

Xulia López, integrante do Club de Bolos Xove, proclamouse na pasada fin de semana campiona de España de birlo celta na proba a nivel estatal disputada en Nigrán.

A xogadora xovense superou na semifinal a Belén Rodríguez, do Club Rega de Baiona, mentres que pola outra parte do cadro enfrontáronse as dúas grandes favoritas, Paula López, do Portameán de Belesar e Sandra Suárez, do Villatresmil de Tineo, en Asturias. O duelo resolveuse a favor da primeira.

FINAL

Na final da proba individual, Xulia impúxose a Paula López por 5-2 e proclamouse campiona de España da categoría. Outras dúas integrantes do club xovense, Salomé Cardoso e Carmen Roca, obtiveron a quinta e sétima praza.

POR PARELLAS

Na competición por parellas, Xulia alcanzou o terceiro posto xunto á asturiana Inma Menende, nunha proba que gañaron Belén Rodríguez e Rocío Menéndez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here