InicioDeportesO futuro do fútbol galego pasa esta fin de semana pola Marosa

O futuro do fútbol galego pasa esta fin de semana pola Marosa

Medio milleiro de rapaces participará no torneo de fútbol base que organiza a AFD Burela, que se amplía cun triangular feminino sénior e cun encontro de veteranos

Publicada o

- Advertisement -

Medio milleiro de rapaces participará desde o venres ata o domingo no torneo de fútbol base Marosa Cup, organizado pola AFD Porto de Burela. As promesas deste deporte serán de novo os grandes protagonistas do evento, que reúne a 36 equipos das categorías alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación –dos seis aos doce anos- pero que, nesta edición, se amplía coa participación de conxuntos sénior e veteranos.

O torneo reunirá 36 equipos das categorías alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación

O torneo serve como posta a punto de equipos que preparan a súa participación en ligas provinciais das categorías inferiores, que comezarán a mediados de outubro. Á cita asisten 35 equipos de clubs da provincia, cunha ampla representación de entidades da Mariña, aos que se suma o RC Deportivo, que despraza a Burela conxuntos das categorías alevín e benxamín.

TRIANGULAR FEMININO

O fútbol feminino será un das novidades do torneo, que chega a súa cuarta edición. A SD Burela, que este ano conta por primeira vez cun equipo feminino nunha liga da Federación Galega de Fútbol, tamén leva a esta cita de pretemporada a súa aposta, coa disputa dun triangular feminino o domingo. As anfitrioas mediranse á Milagrosa e ao Atlético San Pedro da Coruña.

O alcalde e o edil de Deportes, xunto a José Manuel Ares, presidente da AFD Burela, na presentación do torneo. AXM

PARTIDO DE VETERANOS

Unha das citas estrela do torneo será o encontro de veteranos que disputarán SD Burela e RC Deportivo o sábado a partir das 12.00 horas, e que traerá ata o campo da Marosa a xogadores que foron buque insignia do SuperDépor, como o centrocampista Donato.

REPERCUSIÓN ECONÓMICA

O Concello de Burela e a Deputación de Lugo colaboran co club da Marosa na organización deste evento que, segundo destacou o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, “estase convertendo nun referente nas categorías inferiores”. O edil subliñou a repercusión que o evento terá no sector hostaleiro durante a fin de semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...