InicioDeportesEmpate para o Burela FSF, que xogou con máscaras trala negativa do...

Empate para o Burela FSF, que xogou con máscaras trala negativa do Móstoles a facer os tests Covid-19

Un gol de Bea Mateos no minuto 38 deulle un punto ao Pescados Rubén en Villafontana

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF rabuñou un punto en Móstoles (3-3) cun gol de Bea Mateos a dous minutos do final, nun encontro no que houbo polémica. O equipo da Mariña, que non puxo o balón a rodar no primeiro minuto en protesta pola decisión do cadro local de non realizar os tests Covid-19 previos á cita, xogou todo o encontro con máscaras.

O pre-partido e mailo inicio marcaron o encontro, cun Móstoles agresivo ao que o conxunto burelao tentou dar réplica con continuas rotacións. Cilene, de penalti que supuxo unha expulsión nas filas mostoleñas, deu a vantaxe á escuadra visitante no minuto 7, poñendo as táboas Andreza para as madrileñas sobre a metade do primeiro acto. Inma adiantaría ás locais antes do descanso.

Tiveron que armarse de paciencia ‘as Guerreiras’ para equilibrar o encontro, por medio de Ale de Paz no minuto 30. Na recta final, Móstoles tomou de novo vantaxe nunha situación dun contra un de Benete. Con menos de dous minutos por diante, Burela apostou con xogo de cinco para acadar o definitivo 3-3, obra de Bea Mateos.

FICHA TÉCNICA

FSF Móstoles: Miri, Inma, Patri Chamorro, Celia, Sara Santos, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Shiori, Desi Godoy, Benete.

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Peque, Cami, M. Cortés, Elena Aragón, cinco incial; tamén xogaron Cilene, Ale de Paz, Dany, Bea Mateos, Lara Balseiro.

Goles: 0-1, minuto 7, Cilene (penalti); 1-1, minuto 9, Andreza; 2-1, minuto 19, Inma; 2-2, minuto 30, Ale de Paz; 3-2, minuto 38, Benete; 3-3, minuto 38, Bea Mateos.

Árbitros: Jarque Ruiz // Manso Martín. Por Móstoles vermella a Desi Godoy (minuto 7) e amarela a Andreza (minuto 10). Por Burela amarela a Jozi (minuto 5), Ale de Paz (minuto 28), Peque (minuto 35), Bea Mateos (minuto 39), Julio Delgado (minuto 39).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira División disputado en Villafontana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...