InicioDeportesO Burela FS comanda a táboa tras dar un golpe de autoridade...

O Burela FS comanda a táboa tras dar un golpe de autoridade na pista do Betis

O cadro que prepara Juanma supera ao segundo clasificado e lidera en solitario a Segunda División

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS é o novo líder da Segunda División despois de acadar unha vitoria de prestixio na pista do Real Betis (3-5).

O equipo que adestra Juanma Marrube, que non perdeu nos cinco primeiros partidos de Liga, completou unha fin de semana soñada para a entidade laranxa, pois o conxunto feminino manda na clasificación da Liga Foro 16 Feminismo.

O partido enfrontaba a dous dos candidatos a subir de categoría, que xa se mediron no play off de ascenso da pasada campaña. Renato adiantou axiña aos mariñaos, no minuto 2, pero Borja Blanco deu a réplica no 9. O veterano peche Tobe desequilibrou a balanza a prol dos locais a un minuto do descanso.

TRES GOLES NUN MINUTO

Ao pouco de comezar a segunda metade, Pope igualou a contenda e, en apenas un minuto de xogo, o 30, o Burela cobrou unha renda de dous goles -obra de Hélder e Elías en propia porta- e encaixou o 3-4, o segundo tanto na conta de Borja Blanco.

No treito final do encontro, o cadro mariñao cometeu a quinta falta e pasou dificultades. O Betis tentouno con xogo de cinco e tanto Oriol Miquel como Borja Blanco tiveron o empate. Non acertaron diante de Edu, que agrandou a súa figura co 3-5 final.

VINDEIRA XORNADA

Trala derrota do Talavera na pista do Mengíbar (4-1), o conxunto laranxa comanda a táboa. Ten un punto de renda sobre o cadro talaverano, dous sobre o Betis e tres sobre o cadro xienense.

Na vindeira rolda da competición, a sétima, os discípulos de Juanma Marrube visitará no derbi galego ao Santiago Futsal (sábado, 20.00 horas), nun encontro que ofrecerá TVG 2. O equipo compostelán vén de perder en Elche (5-3) e ocupa a décimo segunda praza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...