InicioDeportesO Pescados Rubén cae eliminado da Copa do Rei fronte ao Magna...

O Pescados Rubén cae eliminado da Copa do Rei fronte ao Magna Gurpea

Os bureleses desaproveitaron no segundo acto unha superioridade numérica e un dobre penalti

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS rematou a súa andaina na Copa do Rei 2018-2019 despois de caer en Vista Alegre fronte ao Magna Gurpea, rival da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), a máxima categoría do deporte español.

O duelo comezou equilibrado. Eric Martel anotou o 0-1 no minuto 6 e Renato, nun espléndido momento de cara ao gol, deu unha réplica inmediata para os locais.

Sen embargo, no primeiro cuarto de partido o equipo navarro cobrou vantaxe de novo, cun tanto de Roberto Martil.

Chino, un vello coñecido da afección de Vista Alegre, ampliou a renda dos visitantes a un minuto para o descanso, logo de que Juanfran tivese o 2-2 nunha clara oportunidade.

SEGUNDA METADE

No segundo acto, o Burela non foi quen de aproveitar a inferioridade numérica do Magna Gurpea por dobre amarela de Eric Martel no minuto 24.

Tamén desaproveitaron os locais un dobre penalti, no minuto 38, que puido cambiar o sino da eliminatoria. Renato disparou alto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...