InicioDeportesO Rally da Mariña volve o vindeiro sábado co título galego en...

O Rally da Mariña volve o vindeiro sábado co título galego en xogo

A proba, con base en Viveiro, constará de tres tramos a triple pasada polo Vicedo, Xove e Cervo

Publicada o

- Advertisement -

Os municipios do Viveiro -onde estará a base-, O Vicedo, Xove e Cervo acollerán a última proba do Campionato Galego de Rallys, o II Rally da Mariña, que terá lugar este vindeiro sábado, 12 de decembro, e que decidirá o título.

O II Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, conta con tres tramos a tripla pasada. Constará de 3 treitos diferentes, a triple pasada por cada un deles, tendo un total del 93,93 quilómetros cronometrados e un total de 254,95 quilómetros. A base será na Avenida Ramón Canosa viveirense.

TRES PASADAS POR TRAMO

A especial do Vicedo, encargada de abrir a proba, mantense invariable desde a anterior edición. O percorrido sairá de preto da estación de tren, no Camiño Sacido, para ir pola CP-4604, pasando en dirección ao Folgueiro. As pasadas: 8.28 horas, 12.42 e 16.56.

O treito de Xove modifica na saída aproximadamente un quilómetro, para manterse invariable a partir desa zona. O inicio, en Illade no pasado curso, pasa a Xuances, pasando o percorrido por Sumoas e Xove. Horario das pasadas: 9.16, 13.30 e 17.44 horas.

En Cervo, o Rally da Mariña discorrerá por un tramo de dez quilómetros; partirá de diante da Fábrica de Sargadelos, con dirección ao Campo da Bidueira, A Senra, Barxa, cruce de Castelo, Igrexa, O Seixo, Gondrás e rematará na zona do Castelo. Os pilotos farán tres pasadas por este traxecto: unha ás 9.54 horas, outra ás 14.08 horas e a derradeira e que pechará o campionato, ás 18.22 horas. Os tramos conlevarán restricións de tráfico nas zonas afectadas.

Horarios. AXM

O TÍTULO GALEGO EN XOGO

Entre os inscritos están Víctor Senra, Alberto Meira, Iago Caamañogañador da proba na estrea da mesma– ou o ruso Nikolay Gryazin aos mandos dun Volkswagen Polo R5. Podes consultar nesta ligazón a listaxe completa.

OBRIGATORIO INSCRIBIRSE PARA O PÚBLICO

Por motivos de seguridade, para poder seguir a carreira como público desde os diferentes puntos habilitados é obrigatorio rexistrarse na páxina https://rallyemarina.wordpress.com/resixtro-covid-publico/.

A proba poderá seguirse tamén en directo a través da páxina https://www.facebook.com/mixrallyesports.

UN “ESCAPARATE” PARA A COMARCA

O edil de Deportes de Cervo, David Rodríguez, valorou que “un espectáculo como este, no que se garanten todas as medidas de prevención e seguridade e que ademais se pode seguir por “streaming” é un bo escaparate para dar a coñecer o noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...