InicioDeportesO Burela FS queda eliminado da Copa do Rei ante a efectividade...

O Burela FS queda eliminado da Copa do Rei ante a efectividade a balón parado do Barcelona

O equipo que adestra Juanma Marrube encaixa dous goles en saques de esquina na pista do cadro blaugrana e di adeus á competición nos oitavos de final

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS quedou fóra da Copa do Rei en oitavos ao caer nun escenario moi complicado, a pista do FC Barcelona (3-0). A estratexia deulle axiña vantaxe ao cadro local por medio de Ximbinha, no minuto 5, e o temperán tanto condicionou o encontro.

Kaluza estivo perfecto para desartellar as primeiras chegadas locais, con Aicardo, a balón parado, e Ferrao. Con todo, os de Andreu Praza conseguiron adiantarse pouco despois, no minuto 5, nun saque de esquina culminado por unha volea de Ximbinha. Aos poucos, os de Juanma Marrube gañaron metros e a primeira ocasión burelá chegou no 7, cunha incursión de Lucho que podía esperar Quintela ao segundo pau, pero bateu antes con Marcenio. O meta polaco volveu manter a salvo os galegos rozando o 10 de xogo, de novo en estratexia, ante Aicardo. Tras unha meritoria oportunidade de Pitero, os blaugranas tamén incidiron con moito perigo sobre a rede mariñá, con Lozano en acción individual e máis tarde Ximbinha, contra o pau. Aínda que o Joan Gamper recibiu o tempo de descanso na área laranxa, Lucho avisou segundos antes á contra.

SEGUNDO ACTO

Souberon os galegos como conter e canalizar a calidade catalá con Kaluza como baluarte ante Aicardo e Matheus, ademais do perigo engadido de Ferrao. David Pazos, Matamoros e Lucho probaron fortuna fronte a Dídac nos primeiros compases da continuación. Chegando á medianía do segundo acto, a consonancia entre Álex Diz e Eto’o foi das máis perigosas para o Pescados Rubén, pero tan só dous minutos despois, de novo desde saque de esquina e repetindo protagonismo Ximbinha, chegou o 2-0.

Respondeu Burela con Diego Quintela como porteiro xogador; non cesaron os mariñaos de tentear o meta blaugrana, malia que o gardameta soubo como reaccionar ante Pitero, Matamoros e Álex Diz. A falta de 5 segundos para a bucina, o cadro local subiu a portería baleira o definitivo 3-0.

FICHA TÉCNICA

FC Barcelona: Dídac, Dyego, Lozano, Ferrao, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Aicardo, Marcenio, Adolfo, Ximbinha, Esquerdinha, Daniel, Matheus, A. Coelho.

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Pitero, Javi Rodríguez, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, David Pazos, Quintela, Lucho, Eto’o, Álex Diz.

Goles: 1-0, minuto 5, Ximbinha; 2-0, minuto 32, Ximbinha; 3-0, minuto 40, Adolfo.

Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique. Por Barcelona amarela para Aicardo, Ximbinha, Lozano. Por Burela amarela para Matamoros.

O MARTES, DE NOVO VISITA AO BARÇA, EN LIGA

Os pupilos do ‘Mariskal‘ despedirán o ano 2020 o vindeiro martes, día 22, visitante de novo ao FC Barcelona na xornada 15 de Primeira (17.00 horas).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...