InicioDeportesDany dálle o liderado en solitario ao Pescados Rubén FSF

Dany dálle o liderado en solitario ao Pescados Rubén FSF

O cadro burelés gaña ao Leganés (2-0) con dous goles da brasileira para afastar a dous puntos ao Penya Esplugues e meter presión ao Atlético, a cinco tantos cun partido menos

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela FSF aproveitou o empate (1-1) do Penya Esplugues co Jimbée Roldán para quedar só á fronte da clasificación da Liga Foro 16 Feminismo, despois de gañar ao Leganés (2-0) en Vista Alegre.

O cadro que adestran Julio Delgado e máis Lucas ten dous puntos de renda sobre o equipo catalán -que encaixou o 1-1 no último minuto- e deixa a cinco ao Atlético Futsi, que recibirá mañá (12.00, La Estación) ao Sala Zaragoza.

O Leganés, repregado e contundente, foi un duro rival para as locais, que tempada tras tempada soen ter problemas contra este opoñente.

Con todo, as burelesas foron capaces de sacar adiante o encontro malia non atopar o seu mellor xogo. Dany decidiu o duelo con dúas dianas.

A catro minutos para o descanso, a pivote brasileira aproveitou unha asistencia de Peque para abrir o marcador. Antes, Jenny evitara o 0-1.

Na segunda metade, as mellores ocasións foron para as locais, pero a incerteza continuou. O tanto da tranquilidade non chegou ata o minuto 39, cando Dany aproveitou un erro no xogo de cinco das madrileñas para sentenciar.

AGARDA O ESPLUGUES

A vindeira semana, de novo en Vista Alegre, o Pescados Rubén FSF recibirá ao Penya Esplugues nunha cita que pode ser chave.

De ser capaces de gañar o encontro, as burelesas deixarían a un rival directo polo título de Liga a cinco puntos de distancia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...