Parte do Pescados Rubén FSF segue en corentena tras dous novos positivos

A xornada 12, prevista para este sábado en Vista Alegre coa visita do Móstoles FSF, quedará supeditada á resolución do xuíz de competición da RFEF

Partido do Pescados Rubén Burela FSF. PRBFS

Parte do Pescados Rubén Burela FSF de Primeira Feminina continuará confinada trala aparición de dous positivos de Covid-19. Os novos casos confirmáronse nos segundos resultados de PCR realizados aos contactos estreitos da xogadora que deu positivo hai dúas semanas, unha vez cumprido o período de illamento domiciliario.

De acordo ao protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, a dinámica de adestramento do conxunto laranxa recuperouse o mércores pasado para a maioría das futbolistas. Hoxe poderá incorporarse algunha xogadora máis.

A xornada 12, prevista para este sábado en Vista Alegre coa visita do Móstoles FSF, quedará supeditada á resolución do xuíz de competición da RFEF.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here