InicioDeportesAdiado o partido do Burela FSF contra o Móstoles polo confinamento de...

Adiado o partido do Burela FSF contra o Móstoles polo confinamento de parte do equipo laranxa

Tras o adiamento do inicio da segunda volta con Alcorcón FSF polas consecuencias do temporal de neve, este será o segundo encontro posposto polo protocolo anti-Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

A xornada 12 de Primeira Feminina entre o Pescados Rubén Burela FSF e o Móstoles FSF non se disputará este sábado en Vista Alegre, como estaba previsto no calendario. Así foi comunicada a resolución polo xuíz de competición da RFEF esta mesma mañá, debido ao illamento de parte do equipo laranxa por Covid-19.

Tras o adiamento do inicio da segunda volta con Alcorcón FSF polas consecuencias do temporal de neve, este será o segundo encontro posposto por protocolo de confinamento para o cadro burelao despois da aparición dun positivo hai quince días -o primeiro foi o previsto contra o Intersala Zaragoza-.

Segundo concreta o club, a maioría do grupo incorporouse á dinámica de adestramentos o mércores da semana pasada tras cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e realizar os test pertinentes. As xogadoras afectadas, ben como positivo, ben como contacto estreito, volverán realizar as probas nos vindeiros días, unha vez finalizado o confinamento, para sumarse ao traballo de forma gradual.

FELICITACIÓN DO ALCALDE POLO NOMEAMENTO COMO MELLOR EQUIPO DO PLANETA

Por outra banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, felicita ao Pescados Rubén Burela feminino polo recoñecemento recibido como mellor equipo do mundo. O rexedor dixo: “isto para o municipio é un éxito absoluto porque ademais non soamente indica que o club traballa moi ben, senón que aquí existe unha afección sen a que sería imposible acadar os éxitos que se están logrando”.

Llano valorou que “traballan con rigor para facer equipo, con xente moi valiosa que son as xogadoras pero tamén o club está facendo as cousas moi ben. É motivador para que a xente practique deporte e danos optimismo a todos para seguir traballando”, salientou. E subliñou: “ademais quero destacar a importancia que deu ao concello de Burela. Hoxe estamos situados no mapa do mundo grazas a esta circunstancia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...