As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF Peque, Lara Balseiro e Jozi foron a pasada madrugada as protagonistas do popular Late Night de Movistar+ ‘La Resistencia‘.
O cómico David Broncano entrevistou durante arredor de media hora ás integrantes do recoñecido como o mellor equipo de fútbol sala do mundo.
Deu tempo para que Jozi avaliara o portugués dun dos presentadores do espazo, para que se propuxesen ideas para unha posible mascota -saíron as opcións do bonito e a pescada e tamén a pataca, en honra do popular xentilicio ‘pataqueiro’- ou para pedir un aumento de soldo ao propio presidente da entidade, Manuel Blanco, presente no Teatro Arlequín de Madrid.
Pero sobre todo deu tempo para o que xa é un dos momentos da historia do late night, o rondo no que Lara Balseiro fixo un caño ao presentador, rebautizado como David Broncaño. As reaccións sucedéronse nas redes sociais.
David BronCAÑO pic.twitter.com/JgpH0r70Ul
— La Resistencia en Movistar+ (@LaResistencia) February 11, 2021
😎 Jugamos? 😎@LaResistencia @davidbroncano pic.twitter.com/YII3BJr0n1
— Lara Balseiro. (@LaraBalseiro) February 12, 2021
As futbolistas do Burela FSF demostraron que non só lles sobra talento senón tamén sentido do humor nun programa de gran audiencia a nivel estatal, que contribuíu a visibilizar o deporte feminino.