As mellores do fútbol sala… E do ‘trolleo’: as xogadoras do Burela fanlle un caño a Broncano

Así foi o paso de Lara Balseiro, Jozi e Peque polo popular late night de Movistar+ 'La Resistencia'

O caño de Lara a Broncano. LA RESISTENCIA

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF Peque, Lara Balseiro e Jozi foron a pasada madrugada as protagonistas do popular Late Night de Movistar+La Resistencia‘.

O cómico David Broncano entrevistou durante arredor de media hora ás integrantes do recoñecido como o mellor equipo de fútbol sala do mundo.

Deu tempo para que Jozi avaliara o portugués dun dos presentadores do espazo, para que se propuxesen ideas para unha posible mascota -saíron as opcións do bonito e a pescada e tamén a pataca, en honra do popular xentilicio ‘pataqueiro’- ou para pedir un aumento de soldo ao propio presidente da entidade, Manuel Blanco, presente no Teatro Arlequín de Madrid.

Pero sobre todo deu tempo para o que xa é un dos momentos da historia do late night, o rondo no que Lara Balseiro fixo un caño ao presentador, rebautizado como David Broncaño. As reaccións sucedéronse nas redes sociais.

 

As futbolistas do Burela FSF demostraron que non só lles sobra talento senón tamén sentido do humor nun programa de gran audiencia a nivel estatal, que contribuíu a visibilizar o deporte feminino.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here