InicioDeportesBurela e A Mariña, epicentros do baloncesto inclusivo galego

Burela e A Mariña, epicentros do baloncesto inclusivo galego

Case 270 deportistas participarán o sábado nos Xogos Autonómicos de Special Olympics

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 268 deportistas participará na vixésimo segunda edición dos Xogos Autonómicos de baloncesto de persoas con discapacidade intelectual, que se celebrará na Mariña Lucense o sábado, 10 de novembro.

Special Olympics Galicia impulsa, coa colaboración da Fundación Eu Son burelesa, unha cita que moverá a máis de 400 persoas, entre adestradores (59), voluntarios (52) e membros da organización.

Os xogos congregarán a 19 asociacións das catro provincias galegas.

PARTICIPANTES

A Mariña contará con tres representantes: Eu Son, Aspanane (Viveiro) e San Pablo e San Lázaro (Mondoñedo). Aspnais (Lugo), CAPD (Sarria), San Vicente (Lugo) e Prodeme (Monforte) completarán a nómina de participantes lucenses.

Por parte de Ourense acudirán Asfaval (O Barco) e ADO e Aspanas, da capital de provincia. Virxe da O (de Pontevedra), San Francisco e Aspavi (ambas de Vigo) exercerán a representación pontevedresa.

Por parte da Coruña participarán Aspronaga e Adcor, da capital provincial, Apader (Cedeira), Pai Menni (Betanzos), Chamorro (Narón) e Aspas (Santiago).

SEDES

Burela será o epicentro da cita, que tamén acollerán os municipios veciños de Cervo e Foz. Os encontros disputaranse nos pavillóns de Vista Alegre, Virxe do Carme, Cangas e San Cibrao.

HORARIOS

A inauguración será ás 10.45 horas. Nela soará o himno galego, que interpretará a escola de música municipal de Burela, co director Xan Carballal á cabeza.

Ás 12.00 comezará a competición e a clausura está prevista para as 19.00 horas.

ELIMINAR BARREIRAS

Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, destacou que a intención da entidade é “eliminar as barreiras ou limitacións que as persoas discapacitadas podan atoparse á hora de practicar deporte, a través de adaptar o medio ás súas necesidades”.

Fernández instou aos asistentes a valorar o esforzo por superarse dos deportistas. “Verán unhas canastas meirandes das habituais, nas que algúns xogadores tirarán con dificultades para manter o equilibro. O feito de poder facelo é o traballo de moitas horas destas persoas, e de moitos profesionais tamén“, explicou.

O presidente de Special Olympics Galicia agradeceu ás asociacións e entidades colaboradoras e resaltou o carácter non competitivo dos xogos, que permiten ás persoas “realizarse”.

“ORGULLO”

O acto conta coa colaboración dos Concellos de Burela, Cervo e Foz e da Deputación de Lugo, ademais dunha achega da Xunta de Galicia.

O alcalde do municipio que exercerá como sede principal, Alfredo Llano, asegurou que A Mariña acollerá “un evento deportivo de singular e especial beleza” e resaltou “a cantidade de xente que vai haber na comarca durante todo o día”.

O rexedor animou á poboación da Mariña a “motivar aos deportistas e darlles o aplauso que merecen polo seu esforzo”.

Pola súa banda, o edil de deportes, Ramiro Fernández, subliñou “o gran orgullo” que ten Burela por acoller este evento, ademais de agradecer aos gobernos dos municipios veciños que demostrasen “que por encima da política está o feito de que nos unamos todos”.

“MÁIS CA DEPORTE”

O edil de deportes de Cervo, Manuel Soto, espuxo pola súa banda o agradecemento do Concello por poder colaborar nun evento “que é moito máis ca deporte”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...