Dany resolve en 30 segundos para o Burela FSF en Zaragoza

O Pescados Rubén solventou o primeiro obstáculo dunha semana frenética cunha vitoria na pista do Bodegas Sommos zaragozano (0-3); o sábado toca o Sala, tamén en Aragón

As xogadoras do Burela FSF celebran un tanto. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF solventou o primeiro obstáculo dunha semana frenética cunha vitoria na pista do Bodegas Sommos Intersala zaragozano (0-3). O conxunto da Mariña enfrontarase o vindeiro sábado ao Sala Zaragoza (12.00 horas).

O equipo que adestran Julio Delgado e máis Lucas deixou practicamente resolto o encontro en 30 segundos, o que tardou en marcar dous goles. Dany recuperou dous balóns que convertiu en tantos, o segundo coa colaboración involuntaria da local Sarah.

A sentenza definitiva chegou xa no segundo tempo, por medio de Ale de Paz, á media hora de xogo.

FICHA TÉCNICA

Bodegas Sommos Intersala FS: Carol, Cyn Romano, Titina, Sarah, Vicepi, cinco inicial; tamén xogaron Sandra, Marta, Icíar, Nerea, Alba, Paula, Izarbe.

Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Cami, Elena Aragón, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Jane, Bea Mateos, Ale de Paz, Jozi Oliveira.

Goles: 0-1, minuto 3, Dany; 0-2, minuto 4, Dany (p. p. Sarah); 0-3, minuto 29, Ale de Paz.

Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique (Colexio Aragonés). Por Burela amarela para Peque (minuto 11).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División Feminina disputado no CDM La Granja de Zaragoza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here