InicioDeportesO Pescados Rubén Burela FS prescinde do adestrador alfocego Juanma Marrube

O Pescados Rubén Burela FS prescinde do adestrador alfocego Juanma Marrube

A entidade laranxa cambiará o timón do primeiro equipo masculino nunha decisión "difícil pero moi meditada" co obxectivo de atopar "un revulsivo"

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS informou a través dun comunicado de prensa de que prescinde do técnico alfocego Juanma Marrube, adestrador do primeiro equipo masculino. A directiva da entidade laranxa tomou unha “difícil decisión, moi meditada, co fin de atopar o revulsivo necesario para dar garantías aos obxectivos marcados para a tempada”.

Na nota, a entidade burelá asegura que Marrube representa “a gran esencia desta familia”, dado que “o sempiterno 8 laranxa ofreceu grandes tardes sobre o parqué”, posteriormente foi secretario técnico e finalmente asumiu as rendas do primeiro equipo masculino no 2017, logrando o regreso a Primeira División e outorgando dúas Copas Galicia para a vitrina burelista.

“Juanma demostrou sempre unha gran capacidade de dedicación, esforzo e profesionalidad. Chegou o momento de separar os camiños, aínda que este non pode ser un adeus. O Mariskal sempre terá estas portas abertas; novos proxectos poden reencontrarnos”, expuxo o club, que se despedirá este mércores nunha rolda de prensa.

O equipo burelao gañou o último partido xogado en Liga, 3-2 ante o Valdepeñas, cortando unha mala xeira de resultados. Actualmente é décimo terceiro, con 20 puntos, tres por riba do descenso.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...