InicioDeportesO Pescados Rubén FS recupera o liderado tras bater a domicilio ao...

O Pescados Rubén FS recupera o liderado tras bater a domicilio ao Rivas

O cadro burelés, con dous goles de Pitero, sobreponse á pista de goma do cadro madrileño e saca dous puntos ao Betis, segundo

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén FS recuperou o liderado da Segunda División despois de dobregar a domicilio ao Rivas Futsal (2-5).

Trala derrota do filial de El Pozo en Noia (4-0), o conxunto laranxa saca dous puntos ao Betis e tres a Soliss Talavera e Manzanares.

PISTA DE GOMA

A do Rivas era unha saída a priori complicada para o equipo que adestra Juanma Marrube.

O equipo madrileño séntese a gusto na súa pista, con superficie de goma, e soe poñer en dificultades aos rivais.

PITERO, DE NOVO DECISIVO

Ademais da vitoria e o liderado, o encontro deixou outras boas novas, como a continuidade no rendemento de Pitero.

Tras marcar dous goles en Santiago de Compostela, o canteirán anotou outros dous tantos na pista do Rivas.

Primeiro adiantou aos visitantes no minuto 13, e veu portería de novo no minuto 28, cun tanto que supuxo o 1-3.

Entre medias, os locais equilibraran o 0-1 inicial cun tanto de Pope en propia porta, un 1-1 co que chegou o descanso.

SEGUNDA METADE

Xa no segundo tempo chegaría o 1-2, noutra xogada desafortunada, desta volta de Fran Conde.

O 1-3 de Pitero acabou coa resistencia do Rivas, que encaixou o 1-4 -obra de Juanfran– e o 1-5 -de Hélder– nun prazo de dous minutos, entre o 32 e o 33.

Trala expulsión do peche do Burela FS Lucho, por doble cartón amarelo, Alberto recortaría diferenzas a pouco para o desenlace, sen tempo de que o cadro local inquietase aos de Juanma.

O ZARAGOZA, PRÓXIMO RIVAL

Na vindeira xornada, a décima, o Pescados Rubén FS recibirá (sábado, 18.30, Vista Alegre) ao Colo Colo Zaragoza.

O cadro aragonés é décimo segundo, con nove puntos. Vén de perder (1-8) contra o Betis.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...