InicioDeportesPiden que Foz sexa o centro neurálxico do atletismo da Mariña

Piden que Foz sexa o centro neurálxico do atletismo da Mariña

O club Ría de Foz critica que os atletas mariñaos teñen que realizar viaxes de ida e volta de 2h30 de duración, como mínimo, para poder seguir os seus programas de adestramento por falta de pistas adecuadas.

Publicada o

- Advertisement -

Foz podería albergar as mellores pistas de atletismo de toda a Mariña. Iso é, cando menos, o que queren os dirixentes do Club focego Ría de Foz que así llelo transmitiron aos representantes da corporación municipal, o alcalde Fran Cajoto e a concelleira de deportes Gema Méndez.

A Directiva do Ría de Foz destaca nun comunicado que o atletismo é un deporte que conta, cada vez cun maior número de seguidores, “cunha base sólida e consolidada na comarca de clubs e atletas“. Neste sentido, suliña di que proba diso son a creación dun maior número de clubs, o aumento exponencial da cifra de licenzas deportivas (tanto a nivel de categorías inferiores como absolutas) e o alto número de eventos deportivos relacionados con esta práctica.

Ría de Foz destaca que, a día de hoxe, os atletas focegos, e por extensión todos os mariñaos, teñen que realizar viaxes de ida e volta de 2h30 de duración, como mínimo, para poder seguir os seus programas de adestramento. Por iso, piden un centro para a práctica deste deporte na Mariña e cren que a vila de Foz é o centro neurálxico da comarca.

Durante a xuntanza, o alcalde Fran Cajoto e a concelleira de deportes Gema Méndez, amosáronse convencidos da necesidade do proxecto e da repercusión positiva que este suporía para a práctica deportiva e a vida económica do concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...