Queres ser voluntario do I Half Triatlón Ribadeo?

O concello ribadense di que precisa 150 voluntarios para esta proba que se vai celebrar o vindeiro 15 de maio.

Presentación do I Half Triatlón Ribadeo

A organización do I Half Triatlón Ribadeo precida da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio. Así o anunciou este martes a Área de Deportes do Concello de Ribadeo que solicita “a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral…posto que serán necesarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo”.

O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se vai celebrar o 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas.

O concello di que precisan que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. “Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde”, indicou nun comuniado.

As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de Deportes do Concello indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, dirección de correo electrónico, dirección, número de teléfono móbil, talla de camiseta, club ou asociación á que pertencen, carné de conducir (os que o teñan) e dispoñibilidade de conducir.  Poden mandar os datos por mail ou chamando por teléfono á Casa da Xuventude ao 982 129 889″.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here