InicioDeportesCondena para o adestrador de Ribadeo que abusou dunha xogadora de 15...

Condena para o adestrador de Ribadeo que abusou dunha xogadora de 15 anos

Segundo a sentenza, o condenado continuou cos abusos, que levaba a cabo no seu vehículo e en lugares de pouca luz e escaso tránsito, polo menos ata xaneiro de 2017.

Publicada o

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo que condenou a cinco anos de prisión e a outros cinco anos de liberdade vixiada ao adestrador dun equipo de fútbol sala de Ribadeo, de 60 anos, por abusar sexualmente e de forma continuada dunha das xogadoras, de 15 anos.

Ademais, o fallo impúxolle a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante seis anos, así como a inhabilitación para calquera profesión ou oficio que conleve contacto regular e directo con menores durante cinco anos.

O tribunal considera acreditado, do mesmo xeito que a resolución de primeira instancia, que o acusado iniciou un achegamento sexual cara á menor en xullo de 2015, “prevaléndose da súa superioridade, ao ser adestrador e referente masculino da menor”.  Segundo a sentenza, o condenado continuou cos abusos, que levaba a cabo no seu vehículo e en lugares de pouca luz e escaso tránsito, polo menos ata xaneiro de 2017.

“A explicación da Audiencia resulta suficiente, pois non só se apoia na declaración substancial da vítima, que valora como convincente e crible, senón en elementos periféricos corroboradores”, destaca o TSXG na súa resolución.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...