As guerreiras laranxas terán as súa merecida homenaxe a pesar da covid. Será este luns nun acto de recoñecemento do Concello tras acadar a Copar da Raíña por terceiro ano consecutivo. O rexedor, Alfredo Llano, destacou que as guerreiras laranxas son “unha referencia para o fútbol sala”.
O Pescados Rubén Burela FSF revalidou este domingo o seu dominio absoluto na competición copeira impóndose na final a Melilla Sport Capital Torreblanca por tres goles a un. A experiencia das “guerreiras” impúxose fronte ao equipo revelación da tempada para sumar a terceira copa consecutiva e a cuarta da “historia laranxa”.