Homenaxe merecida esta tarde para as guerreiras de Burela

Gañaron a súa terceira copa da Raíña consecutiva.

As xogadoras do Pescados Rubén celebran a súa terceira copa do Rei consecutiva / remitida

As guerreiras laranxas terán as súa merecida homenaxe a pesar da covid. Será este luns nun acto de recoñecemento do Concello tras acadar a Copar da Raíña por terceiro ano consecutivo. O rexedor, Alfredo Llano, destacou que as guerreiras laranxas son “unha referencia para o fútbol sala”.

O Pescados Rubén Burela FSF revalidou este domingo o seu dominio absoluto na competición copeira impóndose na final a Melilla Sport Capital Torreblanca por tres goles a un. A experiencia das “guerreiras” impúxose fronte ao equipo revelación da tempada para sumar a terceira copa consecutiva e a cuarta da “historia laranxa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here