InicioDeportesO Burela FS golea ao Colo Colo e mantense á fronte da...

O Burela FS golea ao Colo Colo e mantense á fronte da Segunda División

O cadro laranxa conserva a súa renda de dous puntos sobre o Betis e tres sobre o Manzanares

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS segue invicto e á fronte da Segunda División despois de gañar con autoridade ao Colo Colo Zaragoza en Vista Alegre (8-3).

O cadro burelés, con 24 puntos, mantén a súa vantaxe de dous tantos sobre o Betis, que derrotou ao Soliss Talavera (2-0), e de tres sobre o Manzanares, que superou ao Rivas (5-2).

O conxunto que adestra Juanma Marrube desfixo axiña a resistencia do inexperto cadro aragonés. Ramón Vargas adiantou aos locais no minuto 3 e Matamoros aumentou a renda no 9.

O pivote madrileño recuncou antes do descanso, de penalti, e puxo unha diferenza insalvable no marcador.

OITO GOLES NO SEGUNDO ACTO

O segundo tempo, máis cáotico, foi un festival de goles, con cinco para o Burela e tres para os visitantes.

Pope, Hélder (2) e Juanfran e Edu marcaron polo cadro laranxa e Trasbares, Muniesa e Carlos anotaron para o Colo Colo Zaragoza, sen que perigase a vantaxe do Pescados Rubén.

AGARDA O TALAVERA

Na vindeira xornada, a décimo primeira, o equipo mariñao desprazarase á pista do Soliss Talavera, sexto clasificado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...