Nove cintos negros de Karate na Mariña

Son do Club de Karate Shitokai Galicia A Mariña.

Novos cintos negros do Club de Karate Shitokai Galicia A Mariña / remitida

Xa hai nove karatecas da Mariña con algún tipo de cinto negro en distintas modalidades. Un recoñecemento que obtiveron o pasado sábado no Exame de Cinto Negro vía clubs (FAKYDA), organizado polo mestre ovetense Angel Areas.

O Club de Karate Shitokai Galicia A Mariña presentou a estes nove aspirantes, que lograron o seu obxectivo nos distintos graos:

Alba Fernández, 2º Dan
Sara Fernández, 1º Dan
Sheila Villarino, 1º Dan
Carla Neira, 1º Dan
Roberto Fernández, 1º Dan
Julen Castro, 1º Dan
Simón Chao, Cinto Negro
Alejandra Fernández, Cinto Negro
Daniel Otero, Cinto Negro

O Club de Karate Shitokai Galicia A Mariña conta actualmente con 123 socios e está afiliado á Federación Galega de Karate desde 1987, formando até a data un total de 128 cintos negros e Danes

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here