A terceira etapa da Vola a Galicia transcorrerá por estradas da Mariña

Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver cara a Muras por Abadín e Vilalba.


Muras será saída e meta da terceira etapa da XIX  Volta a Galicia, que se disputará o vindeiro 18 de setembro cun  percorrido de 150 quilómetros polas estradas da Mariña e a Terra Chá.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o alcalde de Muras, Manuel  Requeijo, acompañados por representantes da Federación Galega de  Ciclismo (FGC), visitaron este xoves un dos puntos máis elevados da  ruta, o Alto da Amosa, a escasos dez quilómetros da meta da etapa, “a  máis longa e esixente da Volta”, segundo explicou o director da proba, Jacobo Ucha.

Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando  despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver  cara a Muras por Abadín  e Vilalba.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here