O Pescados Rubén supera ao Majadahonda e xa pensa en La Estación

O conxunto burelés, que non cedeu un punto, visitará ao Futsi con catro tantos de botín

As xogadoras do Burela FSF celebran un gol. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF derrotou ao Majadahonda FS (3-1) e chegará ao duelo de La Estación con catro puntos de renta sobre o Futsi, segundo clasificado.

O conxunto que preparan Julio Delgado e máis Lucas topouse cun rival rochoso, que se mantivo no partido ata o final.

O cadro laranxa tivo que agardar ao último minuto da primeira metade para adiantarse no marcador, cun tanto de Cilene de falta.

As locais apostaran polo xogo de cinco e tiveran boas oportunidades, que desbaratou Helen, a gardameta do Majadahonda.

O 2-0 para as locais chegaría no minuto 32, cando Dany finalizou unha transición rápida. O tanto non sacou do encontro ás visitantes, que apostaron pola porteira-xogadora e tiveron premio no 38, grazas a Coral, que aproveitou un penalti.

A sentenza definitiva chegou ao borde da bucina. Peque anotou o 3-1 e certificou a novena vitoria consecutiva do conxunto burelés, que se desprazará a Navalcarnero como líder e cun pleno de triunfos, sen ceder un só punto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here