InicioDeportesO Burela FS medirase ao Xove no derbi mariñao da Copa Galicia

O Burela FS medirase ao Xove no derbi mariñao da Copa Galicia

O conxunto laranxa eliminou a domicilio ao Ventorrillo e avanza aos cuartos de final do torneo

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS visitará ao Xove FS, da Segunda División B, no derbi mariñao dos cuartos de final da Copa Galicia.

O conxunto que adestra Juanma Marrube derrotou (2-4) ao cadro coruñés do Ventorrillo na eliminatoria de octavos de final.

0-4 AO DESCANSO

O colíder da Segunda División mostrou a súa superioridade sobre o cadro herculino, sétimo na categoría de bronce do fútbol sala español. Así, os visitantes gañaban por 0-4 ao descanso.

Lucho abriu o marcador no minuto 5 e, no 7, un gol en propia meta do Ventorrillo significou o 0-2. Nito e Renato ampliaron a renda antes do paso polos vestiarios.

No segundo acto o Ventorrillo non foi quen de inquietar ao equipo mariñao, malia acadar dous goles que maquillaron o marcador.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...