As guerreiras laranxas camiño de facer historia

Voven demostrar que son as mellores do mundo.

O Burela FS gaña a Futsal Women’s European Champions / Deputación de Lugo

O Burela FS demostrou unha vez máis que é o mellor equipo do mundo tras a súa vitoria na Futsal Women’s European Champions – a “Champions” do fútbol sala feminino-, que reuniu no Pazo dos Deportes de Lugo as campioas de España, Portugal, Rusia, Ucraína e
Italia.

As guerreiras laranxas venceron cun contundente 0 a 6 ante o Pescara italiano. O deputado de Deportes, Efrén Castro, celebrou que Lugo acollera a primeira edición deste torneo e que sexa “o Burela FS quen, unha vez máis, marque o camiño para avanzar na igualdade efectiva no deporte profesional poñendo as bases para consolidar esta competición no calendario oficial internacional”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here