InicioDeportesO alcalde de Burela felicita ao equipo de fútbol sala feminino recoñecido...

O alcalde de Burela felicita ao equipo de fútbol sala feminino recoñecido por segundo ano como o mellor do mundo

Alfredo Llano declarou que “no nome do Concello quero felicitar ás rapazas, así como ao equipo técnico e directivo do Burela FSF por este novo recoñecemento, que non deixa de ser unha ratificación do que xa conseguiron o ano pasado".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, felicita ao Burela FSF, que ven de ser recoñecido por segundo ano consecutivo como o mellor club feminino de fútbol sala do mundo nos Futsalplanet Awards.

Llano declarou que “no nome do Concello quero felicitar ás rapazas, así como ao equipo técnico e directivo do Burela FSF por este novo recoñecemento, que non deixa de ser unha ratificación do que xa conseguiron o ano pasado. Isto quere dicir que seguen a facer as cousas moi ben e que non teñen rival, non hai alternativa enfronte”.

O rexedor engadiu que “son moi merecedoras deste recoñecemento, algo que é moi importante para elas, é unha moi boa noticia para a súa fiel afección e tamén é algo destacado para Burela como pobo, pola promoción que supón que o noso nome se escoite en todo o mundo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...