InicioDeportesO Viveiro CF, o equipo lucense da Terceira División máis perxudicado pola...

O Viveiro CF, o equipo lucense da Terceira División máis perxudicado pola Covid-19

Ten pendentes os encontros contra o Ourense no Couto e contra o Choco en Cantarrana.

Publicada o

- Advertisement -

A nova onda de contaxios polo Covid que está a afectar a España non tardou en causar estragos no deporte profesional e non profesional. No mundo do fútbol, os casos positivos confirmados sucédense a diario, o que implica que as Federacións teñan que estar moi atentas para resolver con acerto este tipo de acontecementos.

En Galicia, na Terceira RFEF, a Federación Galega de Fútbol xa tivo que suspender moitos encontros por esta cincunstancia. Isto provoca a desigualdade que hai na actualidade na clasificación xa que os diversos conxuntos da categoría non teñen os mesmos partidos xogados.

A pesar dos innumerables partidos adiados, a Terceira División continúa disputándose con “normalidade” e a Federación Galega de Fútbol ten a complicada misión de recolocar os diferentes partidos.

SUR DE PONTEVEDRA

O equipo máis castigado é o SD Xuvenil Ponteareas con catro partidos suspendidos. O equipo pontevedrés leva máis dun mes sen competir xa que o último partido que disputou foi contra o Arnoia o pasado 12 de decembro. Os encontros que ten pendentes son contra o Rápido de Bouzas, o Estradense, o Silva e o Arzúa.

Mentras tanto o Choco e o Alondras tan só contan cun partido suspendido. O primeiro deles ten que xogar contra o Viveiro en Cantarrana mentras que o segundo ten que visitar o campo de Arnoia. Por último, o Rápido de Bouzas ten adiados dous partidos contra o Sofán no Baltasar Pujales e contra o Xuvenil Ponteareas.

LUGO

Os conxuntos da provincia de Lugo tamén se viron involucrados na suspensión de partidos na Terceira RFEF. O Viveiro conta con dous partidos menos, contra o Ourense e o Choco; o Vilalbés só ten adiado un partido contra o Deportivo Fabril; e o Polvorín ten pendente o seu partido contra o Noia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...